• Olajui

Relato personalizado V: "Vlad e o gato da escola"

Aquí el V relato del proyecto escritura y creatividad: "Relatos personalizados".

Pongo letra e imaginación a vuestras fotos, centrándome en vuestros temas o solicitudes, cuento historias inventadas, las vuestras propias o trato de aproximarme a ellas. Pinto con fantasía lo cotidiano y remuevo las tripas invirtiendo contextos. Una imagen dice más que mil palabras, y a mí me gusta jugar con ambas, imagen y letra. Hago envíos del diseño final en formato "cuadro" para que puedas exponerlo en el rincón preferido de tu casa, hacer un regalo original o dar voz a lo que ya vio tu retina y luego capturó tu objetivo. Juego a darte diferentes versiones de lo ya fue para ti.


Este relato es para Vlad, la foto la envía @vikigamon, y lo piden en Galego. Un verdadero placer escribir na lingua da terra e das raíces. Un cuento que habla de las similitudes que acercan lo humano a lo animal, desde la mirada infantil. Una historia dónde Vlad como protagonista, es eje de cambio en la relación con los animales dentro de la escuela. Gracias Vlad por inspirar un cuento de estas características y gracias @vikingamon por enviar esta foto y tema que tanta ternura me ha provocado.




Vlad tiña un gato. Un gato que non era seu nin era de ninguén. Pero Vlad tiña un gato na escola. Ou mellor dito, tiña unha escola con gato. O gato da escola, deambulaba cada mañá polo patio e estaba atento aos nenos. Facía como que non os miraba e escondíase cando corrían forte. Sempre alerta: se escoitaba barullo escondíase detrás das matogueiras, e cando soaba a campá do recreo, subíase rapidamente ás árbores. Ás veces os nenos corrían detrás del e tirábanlle pedras. Non sabían facelo doutro xeito, ninguén lles ensinara como achegarse aos animais. "É un gato da rúa, vaite facer mal, seguramente terá pulgas” escoitárase algunha vez á saída do cole.


A Vlad dáballe mágoa a vida do gato. Sempre pensaba que vivía con medo e que iso non

era xusto. El tiña unha prudencia innata e un agarimo polos animais tan doce e puro que non lle importaba tan só miralos de lonxe. E o gato notaba iso. Ás veces mirábanse disimuladamente e outras máis de fronte. Pero sempre acababan por recoñecerse. O neno no gato e o gato no neno. E é que non eran tan diferentes. Un camiñaba a dúas patas e o outro a catro. Pero aos dous gustáballes correr, saltar, trepar árbores, perseguir paxariños e recibir mimos.


Un día no recreo miráronse de fronte e Vlad achegouse a modiño, non dubidou pero tampouco foi invadinte. O gato agardouno inmóbil e sen quitarlle ollo. Cando xa estaban a menos de medio metro, Vlad estirou a súa man e o gato a súa cabeza. Rozáronse, acariñáronse, sorriron e miañaron. Despois de Vlad viñeron moitos máis nenos.


Dende ese día xa non hai pedradas nin sustos, non hai medo. Dende ese día, grazas a Vlad, o gato da escola ten comida, mimos e unha chea de mans para recibir agarimos.

  • Facebook icono social
  • Instagram

Babyvanblog